Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de novembro de 2000, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Molina Rabadán, Consuelo e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Vilagarcía de Arousa en aplicación do artigo 120 e seguintes, e concordantes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, das 9 ás 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo en:

-Rúa Alcalde Rei Daviña, 3-1º B, Vilagarcía de Arousa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 16 de novembro de 2000.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Molina Rabadán, Consuelo

DNI: 01.545.521-J

r/ Playa de Zarauz, 18-Las Rozas

Madrid

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 1693/00

Liq. 004000000097

Crespo Maneiro, Félix

DNI: 35.431.318-W

r/ Eduardo Pondal, 19-2º

Pontevedra

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 3588/99

Liq. 600903090776

Lago Abalo, Emilio

DNI: 35.463.949-L

r/ Os Espiñeiros, 16-Castro de Agudín-Cea

Vilagarcía de Arousa

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 1491/00

Liq. 600903220115

Galiñanes Franco, Natalia

DNI: I-0014736-Q

r/ Eduardo Pondal, 14-3º D

Vilagarcía de Arousa

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte.: 71/00

Liq. 003000001638