Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de novembro de 2000, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Pérez Ferradas, Gabriel).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria, liquidación substitutiva e requirimento de documentación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acordo de devolución e a liquidación substitutiva foi realizado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria, e a documentación elle requirida polo Servicio de Recadación desta delegación territorial.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 16 de novembro de 2000.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Pérez Ferradas, Gabriel

DNI: 35.984.298-Q

r/ Gagos de Mendoza, of. 3, nº 2 p. 4

Marín

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: Z-97801/96

Liq. 000000019078