Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilardevós (Ourense). Expediente número 391-1/2000, da obra de abastecemento en Berrande correspondente ó Fondo de Cooperación Local (FCL) 2000.

2. Forma de adxudicación: poxa, polo procedemento aberto e tramitación urxente, orzamento; 4.691.542 pesetas (28.196,74 euros) (IVE incluído).

3. Garantía provisional: 93.831 pesetas (563,94 euros).

4. Presentación das proposicións: no rexistro xeral do Concello de Vilardevós, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte da última publicación no BOP ou no DOG (se o último día coincidise en sábado ou festivo, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

Vilardevós, 5 de decembro de 2000.

José Luis Pérez García

Alcalde