Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO de contratación por concurso.

O Concello de Lousame convoca licitación pública para adxudicación por concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, da seguinte obra incluída no F.C.L. 2000. Programa PIEL: acceso de Fruíme ó núcleo da Cabalariza.

A) Prego de cláusulas administrativas particulares.

É de aplicación ó «prego-tipo de cláusulas administrativas que rexerán a contratación mediante concurso, procedemento aberto...» da Deputación Provincial publicado no BOP nº 77, correspondente ó 3-4-2000, modificada no BOP nº 101, correspondente ó 4-5-2000, adoptado como propio polo concello, agás a opción «B» que logo se dirá.

B) Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: acceso de Fruíme ó núcleo da Cabalariza. Autor: Pisos Veiga, enxeñeiro, colex. nº 8.465.

2. Orzamento: 11.035.058, IVE incluído.

3. Aplicación orzamentaria: 611.00.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Lugar de presentación de propostas: Casa do Concello. Oficinas xerais. Portobravo, nº 1, Lousame.

7. Prazo de presentación de propostas: 13 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

8. Garantía provisoria: non se esixe.

9. Garantía definitiva: 4% sobre prezo de adxudicación.

10. Revisión de prezos: non procede.

11. Control de calidade: esixible, conforme o previsto no anexo III.

12. Apertura de propostas sobres «A»: sexto día hábil seguinte, agás sábado, ó de remate do prazo de presentación de propostas, ás 20.30 horas na casa do concello.

13. Lugar onde se poden obter copias do proxecto e resto de documentación: Selecom 99, S.L.-Copynoia, rúa de Galicia, 54 baixo esquerda, Noia.

Rubricado