Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.612

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente á categoría 037 (titulado medio de formación ocupacional) do grupo II (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 7 de xullo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril e á vista das solicitudes presentadas para a categoría 037 (titulado medio de formación

ocupacional) do grupo II (lista B ), e unha vez elaboradas pola comisión permanente de selección as listaxes provisionais na súa sesión do día 26 de outubro de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondentes á categoría 037 (titulado medio de formación ocupacional) do grupo II (lista B). De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e a base 2ª da Resolución do 30 de xuño, a comisión permanente establece o número máximo de aspirantes admitidos para esta categoría naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 2 puntos; as ditas listas están expostas da forma que seguidamente se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Anexo III. Figuran os solicitantes que en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 30 de xuño de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, non están admitidos na lista.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación no Diario Oficial de Galicia, para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a cabo as emendas procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B) estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listaxes provisionais, a remitirlle á Dirección Xeral da Fun

ción Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo II: 6.580 pesetas.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición na categoría correspondente os que fosen admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base 3ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública