Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000 pola que se anuncia poxa, para a contratación das obras de ampliación e mellora da estrada provincial Dena-Couto de Abaixo, travesía de Seixiños (Meaño).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, da referida obra por importe de 10.000.000 de pesetas.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 4 de decembro de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado