Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/235-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. avda. da Coruña.

Situación: Betanzos.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 104 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al, que parte da L.M.T. a C.S. estación pasando polo C.T. avda. da Coruña nº 1 de 1.000 kVA, tipo prefabricado e final na L.M.T. a C.D. Magdalena. L.M.T. que parte do C.T. anterior de 105 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 95 mm Al e final no pase aéreo-subterráneo a C.T. particular de M. Rey. Concello de Betanzos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 31 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña