Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 10 de novembro de 2000, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, Inludes.

2. Obxecto: subministracións de fertilizantes para a granxa provincial Gayoso Castro.

3. Orzamento: cinco millóns trescentas corenta mil (5.340.000 pesetas).

4. Duración do contrato: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2001.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: oficina de apoio.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 258, do 10 de novembro de 2000.

Lugo, 10 de novembro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo