Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

EDICTO.

Esta alcaldía, mediante Decreto do 5 de abril de 2000, aprobou as bases da convocatoria para a provisión, mediante oposición libre, dunha praza de asistente social, vacante no cadro de persoal deste concello.

O texto completo destas bases exponse ó público no BOP por un prazo de vinte días naturais, sendo o seu extracto o seguinte:

Prazas: unha.

Denominación: asistente social.

Forma provisión: oposición libre.

Probas da oposición:

1ª: Teórica: desenvolvemento por escrito, nun máximo de tres horas, de dous temas propostos polo tribunal, sobre os temarios.

2ª: Práctica: resolución, nun máximo de catro horas, de dous supostos prácticos propostos polo tribunal.

Temario: publícase co texto íntegro das bases no BOP.

Teixeiro, (Curtis), 24 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado