Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-11/2000).

A Comisión de Goberno, na sesión do 24 de novembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro: aprobar inicialmente o estudio de detalle promovido por Promocións V. Coruña, na travesía de Laracha.

Segundo: ordena-la publicación do presente acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán pagados polo seu promotor.

A Coruña, 29 de novembro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo