Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.

Aprobado na sesión plenaria do día 3 de novembro de 2000, con carácter inicial, o proxecto de modificación puntual do vixente Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do PNC-11, redactada por Ceinsa ó abeiro do artigo 42-1º da Lei 1/1997, do 24 marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, faise público que ó abeiro do artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, tódalas áreas do territorio da citada modificación puntual, ó modificarse as determinacións do réxime urbanísticos, quedan afectadas pola suspensión de licencias a que se refire o artigo 34 da citada Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ares, 9 de novembro de 2000.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde