Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Fernández Latorre, 56.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 7 m de lonxitude, que parte da L.M.T. Eirís entre C.T. Catro Camiños C.T. Torre Esmeralda e final no C.T.C Fernández Latorre nº 56 de 400 kVA, relación de
transformación 15.000+-2,5-5%/380-220 V. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 30 de outubro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña