Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: reforma C.T. La Salle.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: reforma do centro de transformación La Salle, expediente 22849, con celas prefabricadas compactas. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 27 de outubro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña