Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Fundación San Rosendo.
Situación: A Peroxa.
Descricións técnicas: liña a 20 kV, soterrada en conductor R.H.V. 12/20 kV de 380 m con orixe no C.T. A Peroxa e remata no C.T. proxectado en caseta prefabricada con 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V preto das vivendas sociais. Redes de baixa tensión aéreas e soterradas derivadas dos C.C.T.T. A Peroxa e vivendas sociais.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 26 de outubro de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense