Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.377

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000 pola que se adxudica unha axuda para a realización dun proxecto de investigación sobre a dinámica e a evolución xeomorfolóxica de medios naturais costeiros de especial interese para Galicia, convocada pola Orde do 20 de outubro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 3 de novembro).

Orde conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental do 20 de outubro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 3 de novembro) aprobaba as bases para a concesión dunha axuda para a realización dun proxecto de investigación sobre a dinámica e a evolución xeomorfolóxica de medios naturais costeiros de especial interese para Galicia.

No artigo 4 da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros da comisión, designados pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e pola Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada pola citada comisión,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlle a axuda para a realización dun proxecto de investigación sobre a dinámica e a evolución xeomorfolóxica de medios naturais costeiros de especial interese para Galicia ó investigador que se relaciona no anexo desta resolución, na contía e polas anualidades que se sinalan.

Segundo.-A inobservancia por parte do beneficiario de calquera das bases establecidas na Orde do 20 de outubro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 3 de novembro), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Terceiro.-Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente.

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2000.

Juan José Casares Long

Director xeral do Centro de Información

e Tecnoloxía Ambiental

ANEXO

Investigador principal: Pérez Alberti, Augusto.

NIF: 34.574.123 V.

Anos: 2.

1ª Anua. (miles de pesetas): 2.000.

Centro pagador: MA.

2ª Anua. (miles de pesetas): 3.500.

Centro pagador: MA.

Total concedido: 5.500.