Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 16 de novembro de 2000, aprobou o prego de condicións e a contratación mediante concurso con procedemento aberto, do servicio de masaxismo na piscina municipal dependente do concello de Xove. De conformidade co disposto na vixente normativa exponse ó público o prego referido polo prazo de oito días para exame e reclamacións; simultaneamente anúnciase a licitación por un prazo de 15 días contados a partir da publicación no DOG, se ben se adiará esta de formularse reclamacións, para o contrato coas características sinaladas seguidamente:

Cadro de características do contrato.

1. Obxecto da licitación: servicio de masaxismo na piscina municipal.

2. Subvención máxima ó concesionario: 1.200.000 pesetas.

3. Tramitación: procedemento aberto de concurso para concesión.

4. Duración do contrato: 1 ano.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e obtención de información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n, Xove), teléfono: 982 59 20 01 e fax: 982 59 21 54, en horario de 10 a 14 horas.

7. Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais.

8. Fianza provisional: 24.000 pesetas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación que resulte.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: fondos propios.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Xove, 28 de novembro de 2000.

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

Jaime Pernas Rodríguez

Alcalde accidental