Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000 pola que se anuncia concurso público, con procedemento aberto, para a concesión do servicio público da regulación do aparcamento na vía pública e retirada de vehículos e correspondente depósito.

Aprobado polo Pleno da Corporación o 29-9-2000 o prego de condicións que ha de rexe-lo concurso público para a concesión do servicio público, da regulación do aparcamento na vía pública e retirada de vehículos e correspondente depósito, exponse ó público por espacio de oito días hábiles, de acordo coa lexislación vixente.

Simultanemante, anúnciase concurso público, paa a concesión do servicio público da regulación do aparcamento na vía pública e retirada de vehículos e correspondente depósito, no Concello de Betanzos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 2/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Control e vixilancia do aparcamento controlado e limitado denominado ORA.

b) Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública indebidamente estacionados nos supostos previstos na Ordenanza de circulación.

c) División por lotes e número: non, o obxecto do contrato é indivisible.

d) Prazo de concesión: consta no prego de condicións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico.

Dadas as características do contrato, non se fixa tipo de licitación.

5. Garantías.

Provisional: 500.000 pesetas.

Definitiva: 4% do custo anual de implantación e explotación do servicio que presentará e se lle admitirá.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: p. Galicia, 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos. 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 65 29.

f) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no DOG e ou BOP consonte o último publicado, ata as 14 horas de último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista.

Os que constan no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG ou BOP, consonte o último publicado, finalizando ás 14 horas.

9. Documentación que hai que presentar.

a) A que consta no punto 12 do prego de condicións.

b) Lugar de presentación: de acordo co punto 11 do prego de condicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: p. Galicia, 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: día hábil, seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: doce horas.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 31 de outubro de 2000.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente