Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.297

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de novembro de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública de axudas ós estudiantes universitarios galegos, descendentes de galegos ou residentes en Galicia, interesados en solicita-los créditos para financiamento dos seus estudios universitarios de terceiro ciclo e prorroga-los concedidos na convocatoria anterior.

Por Orde do 16 de maio de 2000 (DOG do 7 de xuño), aprobáronse as bases que rexen a convocatoria pública de axudas ós estudiantes universitarios galegos, descendentes de galegos ou residentes en Galicia, interesados en solicita-los créditos para financiamento dos seus estudios universitarios de terceiro ciclo, e prorroga-los concedidos na convocatoria anterior.

As solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria foron estudiadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria, que elaborou a correspondente proposta de resolución.

En consecuencia, atendendo á citada proposta, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de posibles beneficiarios do préstamo subsidiado ós estudiantes universitarios galegos, descendentes de galegos ou residentes en Galicia de terceiro ciclo, correspondentes ó curso 2000-2001, que se relacionan no anexo I da presente orde, e sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 160.800 pesetas, correspondentes á partida orzamentaria 07.05.322C.483.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

Segundo.-Facer pública a relación de beneficiarios da prórroga do préstamo subsidiado ós estudiantes universitarios galegos, descendentes de galegos ou residentes en Galicia, de terceiro ciclo correspondentes ó curso 2000-2001, ós que se lles concedeu o préstamo na convocatoria anterior, que se relacionan no anexo II da presente orde, e sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 87.100 pesetas, correspondentes á partida orzamentaria 07.05.322C.483.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

Terceiro.-As solicitudes, tanto de novos préstamos como das prórrogas da pasada convocatoria, que non figuran nos anexos desta orde e que foron admitidas para participar neste concurso, debe entenderse que quedan denegadas.

Cuarto.-Os posibles beneficiarios dos préstamos subsidiados desta convocatoria, que se relacionan

no anexo I da presente orde, subscribirán os contratos de préstamo coas entidades financeiras (Banco Pastor, Caixa de Aforros de Galicia, Caixanova (Caixa de Aforros de Vigo, Caixa de Aforros de Pontevedra, Caixa de Aforros de Ourense), Banco Gallego, Banco Simeón e Banco Etcheverría) asinantes do convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de decembro de 2000.

Quinto.-O incumprimento total ou parcial por parte dos posibles beneficiarios, tanto dos préstamos como das prórrogas, de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria do 16 de maio de 2000, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no artigo 6 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, que modifica o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto-lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Sexto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

AXUDAS ÓS ESTUDIANTES UNIVERSITARIOS GALEGOS, DESCENDENTES

DE GALEGOS OU RESIDENTES EN GALICIA, INTERESADOS EN SOLICITA-LOS CRÉDITOS PARA FINANCIAMENTO DOS SEUS ESTUDIOS UNIVERSITARIOS

DO TERCEIRO CICLO

NUM. EXPED.SOLICITANTEDNI/CIF

2000/000046-0ABARCA RODRIGUEZ, DIEGO33337121

2000/000031-0BARCIA PIÑEIRO, ISABEL Mª44808161

2000/000074-0BERNARDEZ RODRIGUEZ, PATRICIA36157112

2000/000033-0CARREIRA CASANOVA, XOSE MANUEL34266222

2000/000078-0CONDE GOMEZ, DIEGO34976613

2000/000085-0DOMINGUEZ PEDREIRA, JACOBO76861031

2000/000044-0EIROA POSE, ANGEL79322058

2000/000035-0GOMEZ LOPEZ, PAULA34265684

2000/000066-0GONZALEZ FERNANDEZ, JAVIER53162004

NUM. EXPED.SOLICITANTEDNI/CIF

2000/000002-0GONZALEZ HERRAIZ, ISABEL53164245

2000/000067-0LEMA BLANCO, CARLOS32812525

2000/000081-0LOPEZ BUENO, JUAN ANTONIO36125747

2000/000068-0LUEIRO GARCIA, JUAN32800155

2000/000076-0MARCOTE ESCARIZ, MANUEL ANGEL79314451

2000/000059-0MENDEZ GOMEZ, BEGOÑA32819105

2000/000082-0NARANJO BOUZAS, JORGE ALBERTOX2987642

2000/000028-0OTERO TRANCHERO, PABLO44087884

2000/000069-0PAZ TEDIN, VANESSA32831159

2000/000071-0PEREZ VENCES, DAVID36138502

2000/000030-0RODRIGUEZ TEIJEIRO, CRISTINA33338315

2000/000077-0RODRIGUEZ VIEITES, DAVID36142218

2000/000036-0ROMAN MASCARO, PATRICIA32680387

2000/000073-0RUIZ BILBAO, CRISTINA32684461

2000/000027-0VIDAL DE LOS SANTOS, MARIA JUANA32335278

ANEXO II

AXUDAS ÓS ESTUDIANTES UNIVERSITARIOS GALEGOS, DESCENDENTES

DE GALEGOS OU RESIDENTES EN GALICIA, INTERESADOS EN SOLICITA-LA PRÓRROGA DOS CRÉDITOS PARA FINANCIAMENTO DOS SEUS ESTUDIOS

UNIVERSITARIOS DO TERCEIRO CICLO

NUM. EXPED.SOLICITANTEDNI/CIF

2000/000018-0BRAÑA MAGDALENA, ANA MARIA36140067

2000/000024-0MARTINEZ MOSQUERA, GUADALUPE79318973

2000/000023-0MOREIRAS PLAZA, Mª ROCIO34989645

2000/000021-0PARDO DE NEYRA, XULIO33306619

2000/000056-0PEREZ ESCUREDO, TIRMA- LINA33338325

2000/000006-0PREZADO ALONSO, YOLANDA76726397

2000/000043-0RAMOS ARDA, RODRIGO EDUARDO32597598

2000/000014-0RODRIGUEZ LEIRA, Mª DEL PILAR32679606

2000/000054-0RODRIGUEZ Y SANCHEZ, RAMON DIONISIO33306389

2000/000011-0SANJURJO FERNANDEZ, TANIA32823738

2000/000057-0VALLE REGUEIRO, LUIS33340154

2000/000013-0VIAÑO SANTASMARINAS, JORGE JUAN034627

2000/000053-0VIDAL LOPEZ, PABLO32844246