Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da subministración de soportes de formigón para a iluminación pública.

1. Entidade adxudicadora: Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Diversificación e Aforro. Número de expediente: 61/451.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de soportes de formigón para a luz pública.

Unidades que se van entregar: véxase prego de condicións técnicas.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 2.499.962 pesetas (15.025,07 euros).

5. Garantías: provisional: dispénsase a súa presentación.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día no que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 8 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XI do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 28 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde