Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, do servicio de reparación de vehículo de extinción de incendios do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parque Móbil. Núm. expte.: 13284/240.

2. Obxecto do contrato. Descrición: reparación de vehículo de extinción de incendios matrícula PO-32901, propiedade do Concello de Vigo.

Unidades que se van entregar: véxase prego de condicións técnicas.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 5.300.000 pesetas (31.853,64 euros).

5. Garantías.

Provisionais: dispénsase a súa presentación.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día no que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula VIII do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula VIII do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 23 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde