Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, para a subministración de material eléctrico para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Diversificación e Aforro. Número de expediente: 62/451.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de material eléctrico.

Unidades que se van entregar: véxase prego de condicións técnicas.

Lotes: si (tres).

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días naturais, desde a data de adxudicación do presente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 7.302.815 pesetas.

Lote 2: 2.250.052 pesetas.

Lote 3: 4.571.423 pesetas.

5. Garantías: provisional: dispénsase a súa presentación.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día no que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XI do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 23 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde