Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Empresarial de Establecimientos Detallistas de Productos Zoosanitarios y Distribuidores-Detallistas de Fitosanitarios de Galicia (Dezofit Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Empresarial de Establecimientos Detallistas de Productos Zoosanitarios y Distribuidores-Detallistas de Fitosanitarios de Galicia (Dezofit Galicia) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os titulares de establecementos detallistas de productos zoosanitarios e/ou distribuidores-detallistas de fitosanitarios, localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución Manuel Pin Ameijide e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais