1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Servicio de Apoio á Investigación e Divulgación Científica.
2. Obxecto.
a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia do Cima: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.
b) Prazo de execución: desde o 1-1-2001 ata o 31-12-2001.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente e anticipada de expediente de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: catorce millóns cincocentas mil pesetas (14.500.000 pesetas, 87.146,76 euros).
5. Garantía provisional.
Non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.
b) Teléfono: 981 54 61 51 e fax: 981 54 61 38.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación, no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=102.
7. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: no prazo de oito (8) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no anuncio no Diario Oficial de Galicia, se coincide en día inhabil, trasladarase ó seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. (Edificio administrativo San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela), ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o terceiro día natural desde o seguinte ó do peche do prazo de presentación de ofertas, se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: 11 horas.
9. Gastos do anuncio.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.
Joaquín Mariño Cadarso
Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación