Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 3 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se notifica o arquivo do expediente de permiso de inicio de actividades da vivenda comunitaria A Valenzana pertencente a Miguel Ángel Rodríguez Pérez, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle a Miguel Ángel Rodríguez Pérez o arquivo do expediente de permiso de inicio de actividades da vivenda comunitaria A Valenzana, sita na Valenzana 96-98, 1º E e F, Ourense-32890, significándolle que contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo dun mes contado desde a súa publicación, conforme o previsto no artigo 114 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2000.

P.D.(Orde 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais