Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre as constitucións, modificacións, disolucións, cancelacións e baixas provisionais das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme ó Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións, disolucións, cancelacións e baixas provisionais que se citan.

Constitución de:

A sociedade agraria de transformación Gandería Madanelo SAT nº 1063 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Cabarcos-O Couto, nº 16-Barreiros (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 750.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Gómez González SAT nº 1064 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Currás-Bretoña, nº 12-A Pastoriza (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Os Forraxeiros SAT nº 1065 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Fradé, nº 3-Taboada (Lugo); obxecto social: servicios agrícolas e gandeiros (adquisición e explotación de maquinaria en común); capital social: 4.000.000 de pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Martínez Bonome Padronelo SAT nº 1066 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Padronelo-Sancovade, s/n-Vilalba (Lugo); obxecto social: producción gandeira e leiteira, e calquera outra actividade relacionada que mellore a viabilidade e rendibilidade da sociedade; capital social: 3.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación A Veiga SAT nº 1067 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo na Veiga-Sarria (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 69.199.800 pesetas; nº de socios: 7.

A sociedade agraria de transformación A Mella SAT nº 1068 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo na Mella Arzúa (A Coruña); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 20.000.000 de pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación O Empalme de Vilar SAT nº 1069 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo no Empalme de Vilar - Touro (A Coruña); obxecto social: producción e transformación de productos lácteos de búfalo e outros, así como comercialización; capital social: 1.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Isidro SAT nº 1070 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo na Calzada-Burres, Arzúa (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 56.143.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Cabana SAT nº 1071 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Crecente-A Pastoriza (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 3.000.000 de pesetas; nº de socios: 5.

A sociedade agraria de transformación A Capilla SAT nº 1072 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Vilaverde-Navia de Suarna (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 30.900.000 pesetas; nº de socios: 6.

A sociedade agraria de transformación Paredes SAT nº 1073 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Crecente-A Pastoriza (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 26.400.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Gaigo SAT nº 1074 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Seixosmil - Meira (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 21.000.000 de pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Xan Novo SAT nº 1075 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Vilela-Outeiro de Rei (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 1.800.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación San Antonio SAT nº 1076 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en

Lg. Vilar de Donas, s/n-Palas de Rei (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 74.600.000 pesetas; nº de socios: 5.

Modificación de:

A sociedade agraria de transformación Santa Marta SAT nº 958 XUGA, coa documentación presentada en emenda acordan por unanimidade:

Dar cumprimento á cláusula VI da súa acta fundacional, desembolsando 1.050.000 ptas. do capital social pendente, quedando totalmente desembolsado o capital social establecido en 1.500.000 ptas.

A sociedade agraria de transformación Santa Marta SAT nº 958 XUGA, na asemblea do 11 de xullo de 1999, acordan por unanimidade a renovación da xunta rectora, que queda integrada por José Guitián López, presidente; Bernardo Guitián Estévez, secretario e Alfredo Guitián López, vocal.

A sociedade agraria de transformación Viduido-Regoa-Cedeira SAT nº 4.018, na asemblea xeral, do 3 de outubro de 2000, acordan por unanimidade aproba-la nova xunta rectora, que queda integrada por Julia Rodríguez Serantes, presidenta; Bernardo Dellón Aneiros, secretario e Eladio Bellón Posada, vocal-tesoureiro.

A sociedade agraria de transformación Familia Martínez SAT nº 902 XUGA, na asemblea xeral, do 10 de xullo de 2000, acordan por unanimidade aproba-lo nomeamento da xunta rectora, que queda integrada por Antonio Martínez Estraviz, presidente; Antonio José Martínez Blanco, secretario; José Luis Martínez Blanco, Asunción Blanco Peteiro e Jesús Martínez Blanco, vocais.

Disolución de:

A sociedade agraria de transformación Carne de Burón SAT nº 879 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria, do 16 de decembro de 1998, acordan por maioría a súa disolución, nomeando os socios liquidadores, con taxas de autoliquidación do 16 de outubro de 2000.

A sociedade agraria de transformación Visones Palmés SAT nº 499 XUGA, na asemblea xeral, do 10 de agosto de 2000, acordan por maioría a súa disolución, nomeando os socios liquidadores.

Cancelación de:

A sociedade agraria de transformación Visones Palmés SAT nº 499 XUGA, na asemblea xeral, do 17 de agosto de 2000, acordan por maioría aproba-lo informe balance final e a súa cancelación.

Baixa provisional de:

A sociedade agraria de transformación Buisán y Tucende, SAT nº 3.595, por mandamento do 28 de xullo de 2000, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no Índice das Entidades.

A sociedade agraria de transformación Castrillón SAT nº 914 XUGA, por mandamento do 28 de

xullo de 2000, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no Índice das Entidades.

A sociedade agraria de transformación Cambra SAT nº 565 XUGA, por mandamento do 28 de xullo de 2000, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no Índice das Entidades.

A sociedade agraria de transformación Barrio SAT nº 901 XUGA, por mandamento do 28 de xullo de 2000, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no Índice das Entidades.

A sociedade agraria de transformación San Victorio SAT nº 555 XUGA, por mandamento do 14 de setembro de 2000, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no Índice das Entidades.

A sociedade agraria de transformación Villarmayor SAT nº 838 XUGA, por mandamento do 14 de setembro de 2000, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no Índice das Entidades.

A sociedade agraria de transformación Raviña SAT nº 5.950, por mandamento do 14 de setembro de 2000, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no Índice das Entidades.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación