Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/263-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: EASA.

Domicilio social: Bugallal Marchesi, 10-1º esq., 15008 A Coruña.

Denominación: subestación 20/132 kV parque eólico de Novo.

Situación: San Sadurniño.

Descricións técnicas: subestación 20/132 kV con parque a 132 kV, constituído polos módulos de protección liña e transformador, con mando, control, proteccións e medida, embarrado, pararraios e transformadores de tensión en barras, equipada con transformador de potencia de 21 MVA, todo intemperie e edificio que alberga as celas de 20 kV e transformador de servicios auxiliares e aparellaxe para telemando e telecontrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña