Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación As Covas, no concello do Porriño (provincia de Pontevedra), por parte de Graniatlantic, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Graniatlantic, S.L., con domicilio en Covas, Moreira, Ponteareas, presentou nesta delegación provincial, o día 4 de agosto de 2000, instancia-solicitude de permiso de investigación As Covas de 2 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal do Porriño, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2895 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 41' 00''42º 07' 00''

28º 40' 40''42º 07' 00''

38º 40' 40''42º 06' 20''

48º 41' 00''42º 06' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 10 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra