Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.261

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de dereito internacional público e relacións internacionais, do departamento de Dereito Público, a Montserrat Abad Castelos.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulgado concurso convocado por resolución desta universidade de 25 de novembro de 1999 (BOE do 22 de decembro), para provisión da praza número 99/047, de profesora titular de universidade da área de coñecemento de dereito internacional público e relacións internacionais, do departamento de Dereito Público, a favor de Montserrat Abad Castelos, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto,

de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Montserrat Abad Castelos profesora titular de universidade da área de coñecemento de dereito internacional público e relacións internacionais, do departamento de Dereito Público desta universidade.

A Coruña, 13 de novembro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da universidade da Coruña