Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.257

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de novembro de 2000 pola que se convoca concurso de traslados específico entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Advertidos erros nos anexos II e III da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 228, do venres, 24 de novembro, cómpre face-las oportunas correccións:

-No anexo II, PRAZAS PARA CUBRIR, debe engadirse:

Código: 15015676

CEIP de Prácticas López FerreiroConcello: Santiago de Compostela

Localidade: Santiago de Compostela

Enderezo: Avda. Xoán XXIII, s/n

-No anexo III, POSIBLES RESULTAS, debe engadirse:

Código: 27016674

CEIP Luis TobíoConcello: Viveiro

Localidade: Viveiro

Enderezo: Avda. Martín Ledesma, s/n