Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de equipamento informático con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente referencia 00/11148 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de equipamento informático con destino á Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 11.629.000 pesetas, 69.891,70 euros, desagregado en 4 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provincial, s/n, 5º-15003 A Coruña, teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contado desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 27 de novembro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña