A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 2 de outubro de 2000, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do solo urbanizable non programado número 2 (SUNP-2) de Salgueiriños, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2000.
O alcalde
P.D.
Luís Toxo Ramallo