O Pleno do Concello de Palas de Rei, en sesión que tivo lugar o día 21 de setembro de 2000, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro.-Prestar aprobación definitiva á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio de Palas de Rei.
Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.
Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Palas de Rei, 28 de setembro de 2000.
Fernando Alfredo Pensado Barbeira
Alcalde