Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 7/2000.

2. Obxecto do contrato: o arrendamento dunha parcela na zona industrial do Monte Afieiras.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 1.502.200 pesetas (9.028,40 euros).

5. Garantía provisional: 25.900 pesetas. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase conforme o seguinte modelo:

«D./Dª..., con DNI nº..., expedido en..., con data..., en nome propio (ou en representación de..., como acredita por...) informado da convocatoria de concurso, polo procedemento aberto, anunciado no BOP nº... e data... e no Diario Oficial de Galicia nº..., de data..., toma parte nel comprometéndose ó arrendamento dunha parcela na zona industrial do Monte Afieiras de Santa Lucía, no prezo de... (en letra e número), de acordo co prego de condicións económico-administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 14 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Moraña, 28 de novembro de 2000.

José A. Eiras Paz

Alcalde