Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 11/2000).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 27 de outubro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola Comisión Xestora do Polígono APE E3.01 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, coas seguintes modificacións:

Estatutos.

Artículo 18.3º; o secretario e o fedatario da xunta. Levantará acta das sesións que realice a asemblea xeral e o consello rector, transcribíndoo no libro de actas e expedindo, por petición de parte, certificados destas, co visto e prace do presidente. O cargo de secretario poderá ser atribuído a unha persoa que non sexa membro da xunta. Neste caso o secretario terá voz pero non voto. En caso de vacante, ausencia, delegación, enfermidade ou imposibilidade, o secretario será substituído polo vocal de menor idade.

Bases.

Base 11ª. No proxecto de compensación poderán reservarse terreos que a xunta poderá allear para facer fronte ós gastos de urbanización.

O adquirinte quedará subrogado nos dereitos e obrigacións vinculados á participación alleada, o que deberá facerse constar no documento de alleamento.

Base 12ª. Cámbiase o termo recepcionado por recibido.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente dos que aparezan como interesados na súa calidade de bens e dereitos afectados advertíndoos de que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir desta notificación, mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente, segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora, e no seu nome a Mercedes de la Iglesia Soriano, como secretaria dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adverti-la comisión xestora de que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá de proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta o xefe de Xestión no Servicio de Urbanismo, Carlos Hernández López.

Sexto.-Requeri-la comisión xestora, e no seu nome a Mercedes de la Iglesia Soriano, para que ingrese na Caixa Municipal en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, que ascende á cantidade de setecentas setenta e oito mil cincocentas cincuenta e unha (778.551) pesetas, advertíndoa de que sen a xustificación de ter ingresado a dita cantidade non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a alcaldía-presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados a partir da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 3 de novembro de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda