Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, de tramitación urxente, dun contrato de obras para a instalación eléctrica de media e baixa tensión no Laboratorio Oficial de Metroloxía. (Expediente 6/2000 DXPI).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 6/2000 DXPI.

Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: execución de obras para a instalación eléctrica de media e baixa tensión no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.

Lugar de execución: San Cibrao das Viñas (Ourense).

Prazo de execución: 8 meses desde a comprobación do replanteo.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 47.998.007 pesetas (288.473,83 euros), IVE incluído.

Clasificación.

Será requisito indispensable para contratar que o empresario teña a clasificación no grupo I, subgrupos 6 e 9, categoría d, agás os empresarios estranxeiros, que acreditarán a súa solvencia económica, financeira e técnica por calquera dos medios especificados nos artigos 16 e 17 do TRLCAP.

Garantías.

Provisional: exento, agás os empresarios estranxeiros que non dispoñan da clasificación requirida, que acreditarán a constitución dunha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento do contrato (959.960 pesetas; 5.769,47 euros).

Obtención de documentación e información.

Obtención de documentación: Copynino, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2; 15701 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, s/n, bloque 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet, http://www.xunta.es.contratación.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, s/n, bloque 5-4º piso.

Localidade e codigo postal: Santiago de Compostela, 15781 .

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, conforme o artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE número 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP).

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, s/n, bloque 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio