A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Patricio Morais Cabaleiro, con domicilio en San Jorge, Outeiro, Salceda de Caselas, presentou nesta delegación provincial, o día 13 de xuño de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Vanesa, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de sección C), granito ornamental, que se sitúa no termo municipal da Lama da provincia de Pontevedra, e á que lle correspondeu o nº 2868 da provincia de Pontevedra.
A designación do terreo é a seguinte:
LonxitudeLatitude
Vértice 18º 20' 20''42º 27' 00''
Vértice 28º 21' 00''42º 27' 00''
Vértice 38º 21' 00''42º 27' 40''
Vértice 48º 20' 20''42º 27' 40''
A solicitud foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.
O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.
Pontevedra, 27 de outubro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra