Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/162-2, 5507 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación do Chao e Folgosa. Santa Cilla.

Situación: Foz.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV con orixe na L.M.T. Raúlfe e remate na C.T. de Folgosa en Al-56 de 5 m de lonxitude. L.M.T. a 20 kV con orixe na L.M.T. Teixeira e remate no C.T. do Chao en Al-56 de 55 m de lonxitude. C.T. de Folgosa de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. do Chao de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. sobre apoios de formigón e fachadas, de 5.865 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 19 de outubro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo