Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2619/1966 e no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Russula, S.A.
Enderezo: r/ Pasteur, 30, 15008 A Coruña.
Denominación: parque eólico en montes de Serra da Barbanza.
Concellos afectados: Porto do Son e Boiro (A Coruña).
Coordenadas:
V: (X=503.525; Y=4.727.300)
V: (X=504.500; Y=4.728.350)
V: (X=505.500; Y=4.728.225)
V: (X=506.500; Y=4.729.625)
V: (X=506.500; Y=4.730.000)
V: (X=507.125; Y=4.730.000)
V: (X=507.125; Y=4.729.000)
V: (X=505.700; Y=4.727.050)
V: (X=504.950; Y=4.727.050)
V: (X=503.525; Y=4.727.300)
Potencia que se vai instalar: 30 MW.
Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.
A Coruña, 19 de outubro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña