Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Secretaría Xeral para o Deporte.
Domicilio social: edif. administrativo San Caetano, 15071 Santiago de Compostela.
Denominación: central de coxeración en Estadio da Xuventude.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: un grupo de coxeración composto por un motor de 165 kW a 1.500 RPM, modelo 2006 TSI xerador Leroy Somer Mod. LSAC461L6 de 160 kW, aproveitamento enerxético con recuperadores de calor instalados en circuítos de aceite lubricante, auga de camisas e gases de escape para producir auga quente. Conexión a L.M.T. 20 kV a C.T. existente e equipo accesorio. Situada na rúa Padre Fernando Olmedo, no Estadio da Xuventude, concello de Pontevedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 18 de outubro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra