Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/226-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23, 2º, of. 2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. edificio Sestelo na rúa Brasil.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 164 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. As Carballas ata o C.T. que se proxecta no edificio Sestelo, na rúa Brasil, concello de Salceda de Caselas. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15/20 kV-230/400 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 25 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra