Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.122

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2000 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó programa de apoio á I+D industrial, tecnoloxías industriais do Plan Galego de IDT para o ano 2000, en réxime de concorrencia competitiva, convocadas pola Orde do 12 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 23 de xuño).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Industria e Comercio do 12 de xuño de 2000, (Diario Oficial de Galicia do 23 de xuño), aproba as bases polas que se regula a convocatoria e o réxime de concesión de axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada industrial (anexo I) e para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial (anexo II) correspondentes ó Programa de apoio a I+D industrial, Tecnoloxías industriais do Plan Galego de IDT para o ano 2000.

Nas bases 7 e 8 dos anexos I e II, respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta

os membros da respectiva comisión de selección e técnica de valoración designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada pola comisión de selección e técnica de valoración e en virtude das competencias atribuídas ás consellerías da Presidencia e Administración e de Industria e Comercio,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concede-las axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada industrial ós investigadores que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía e polas anualidades que en cada caso se sinalan. Aqueles proxectos que figuran no anexo I con autorización para contratar persoal, deberán realiza-la contratación conforme as normas establecidas nas bases da convocatoria.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial, ás empresas que se relacionan no anexo II da presente resolución, na contía e polas anualidades que se sinalan.

Terceiro.-Denega-las axudas ós grupos de investigación e ás empresas que se relacionan no anexo III polos motivos que nel se sinalan.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na referida orde da convocatoria, suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou de Industria e Comercio, segundo proceda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da sua notificación, consonte os artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2000.

Jaime Pita VarelaJuan Rodríguez Yuste

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Industria

e Administración Públicae Comercio

ANEXO I

MODALIDADE a) ANEXO I (en pesetas)

Grupo investigadorCIF/NIFSubvención

total

Subvención

2000

Subvención

2001

Subvención

2002

PersoalPartida orzamentariaCentro directivoCódigo de proxecto

María Josefa Alonso Fernández09724164V3.950.0002.950.0001.000.000SI04.07.432-A.740.0Consellería da PresidenciaPGIDT00TIN20301PR

José Couceiro Follente3376057N10.800.0006.500.0002.800.0001.500.000SI04.07.432-A.740.0Consellería da PresidenciaPGIDT00TIN29701PR

Jorge Marcos Acevedo71864797D10.700.0006.500.0002.700.0001.500.000SI04.07.432-A.740.0Consellería da PresidenciaPGIDT00TIN32101PR

Ricardo Marín Martín27277021X9.900.0005.500.0002.900.0001.500.000SI04.07.432-A.740.0Consellería da PresidenciaPGIDT00TIN32102PR

ANEXO III

Solicitudes denegadas

Grupos/empresasCIF/NIF

María Isabel Loza García71871510Y

RonauticaA36652121

Centro Tecnológico del Grupo CopoB36360329

Dulzoren, S.L.B32196255

Ferroatlántica, S.L.B80420516

Industria de diseño textil, S.A.A15075062

Instituto Farmacológico Español, S.L.B15001639

MGI Coutier España, S.L.B36849768

Nortec Aeroespacial, S.A.A36858611

PRU-Herederos de J Mª Seijas Vaz. CBE15678055

Seguridad Galega da Nosa Terra, S.A.A36715217

Instituto Enerxético de GaliciaQ1500256A

Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A.A28076016

Expedientes denegados por insuficiente valoración técnica, grao de priorización baixo ou por non axustarse ós requisitos da orde de convocatoria.