Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOQUES

ANUNCIO.

Anuncio de concurso.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Toques (A Coruña).

2. Obxecto.

Contrato para a execución das obras tituladas: construcción de panteóns no cemiterio de Vilamor 1ª fase.

3. Prazo de execución: seis (6) meses.

4. Tipo de licitación: sete millóns cincocentas sesenta mil pesetas (7.560.000).

5. Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

6. Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 12 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

8. Pregos de cláusulas administrativas.

Os aprobados polo Pleno Municipal en sesión que tivo lugar o día 28 de xullo de 2000, publicados no BOP número 188, do 17 de agosto.

9. Modelo de proposición.

O que figura no anexo II dos pregos de cláusulas administrativas.

10. Documentación.

A esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.

11. Outra información.

Poderá obterse copia do prego de cláusulas e demais documentación na secretaría do concello en horario de oficina (das 9 ás 14 horas), ata as 14 horas do día anterior ó do remate do prazo de presentación de propostas.

Toques, 3 de novembro de 2000.

Jesús Ares Vázquez

Alcalde