Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1463/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do 16 de novembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do Polígono 2, Área de Reparto 2 do SU-32, de Ourense, por instancia de María Socorro Pérez Rodríguez como presidenta da xunta de compensación, coas condicións sinaladas nos informes dos Servicios de Enxeñería e Servicio Eléctrico, dos que se dará traslado ó interesado e logo de constitución de garantía na cantidade de 43.578.622 ptas. (corenta e tres millóns cincocentas setenta e oito mil seiscentas vintedúas) para responder da execución das obras e o seu mantemento ata a recepción destas por parte do concello.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 24 de novembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde