Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/160-2, 5505 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Vilar de Mouros.

Situación: Meira.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV con orixe na L.M.T. a Meira e remate no C.T. da Pena, en conductor LA-56, de 959 m de lonxitude liña de media tensión a 20 kV con orixe na L.M.T. a Meira e remate no C.T. de Vilar de Mouros, en conductor LA-56, de 30 m de lonxitude. Centro de transformación na Pena de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Centro de transformacio en Vilar de Mouros de 160 kVA en relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z., de 4.160 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 18 de outubro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo