Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 30 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Comunícase que está aberto o prazo ata o día 15 de decembro de 2000, para presenta-la instancia solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, para as seguintes disciplinas: informática, sistemas electrotécnicos e automáticos, procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos, procesos sanitarios e mecanizado e mantemento de máquinas.

As bases da convocatoria e o modelo de solicitude atópanse na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes faraa unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para efectos do previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal