Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de novembro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan requirimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Codejón Velayos, Enrique e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 3 de novembro de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Codejón Velayos, Enrique.

DNI: non consta.

Avd. Fragoso, 93, 6º I.

Vigo.

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente 9636/98.

Construcciones Grial, S.A.

CIF: non consta.

Bretón de los Herreros, 46, p. 2, 10.

Madrid.

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente 5136/97.

Eduardo Chao sdad. coop.

CIF: non consta.

Ecuador, 60.

Vigo.

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente 22901/96.

Escola Vega, Tomasa.

DNI: non consta.

Doutor Martín Lago, 12, 1º.

Vigo.

Imposto de sucesións e doazóns.

Expediente S-807/98.

Prokrapf, S.A.

CIF: non consta.

Avd. García Barbón, 50, bx.

Vigo.

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente 24269/99.