Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.054

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

DECRETO 285/2000, do 1 de decembro, pola que se nomea a Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes delegado provincial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de decembro de dous mil,

DISPOÑO:

Nomear a Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes delegado provincial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, un de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente