Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de outubro de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02093-O-1999 e PO-01281-O-2000).

Pola presente cédula, notifícanselles ós/as denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferen

cia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común de (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e lles sirva de notificación ós/as denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 27 de outubro de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-01281-O-2000

PO-8341-BC

G.C. de Tráfico

Lucía Esther Ramos Domínguez

Antón Vilar Ponte, 5, bajo

36601 Pontevedra

Transportar catro extintores carecendo de tódolos distintivos. Servicio privado.

14-4-2000; 21.10; N-558; 3.5

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/199015.000 ptas.
PO-02093-O-1999

PO-6465-W

G.C. de Tráfico

Congelados Gonzamar, S.L.

Outeiro, 26

36992 Raxó-San Gregorio P.-Poio

(Pontevedra)

Transportar peixe, sen realiza-lo visado da tarxeta de transportes. Servicio privado.

17-9-1999; 10.10.56; C-550; 70

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.15.000 ptas.