Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.000

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (26/2000).

En virtude de resolución dictada en executoria de faltas nº 26/2000 sobre unha falta de respecto e consideración debida ós axentes da autoridade, acordouse o requirimento de Antonio Villar Fraga, para que no prazo de oito días faga efectiva a multa de vinte días, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de cincocentas pesetas, e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade (prisión) por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

E para que así conste e lle sirva de requirimento a Antonio Villar Fraga, expido esta cédula en Santiago de Compostela o trinta de novembro de dous mil.

A secretaria

Rubricado