Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 15.996

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2000, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño) pola que se anuncia a data, a hora e o lugar do comezo do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión do día 27 de novembro de 2000 o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.1.1 b) da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición dará comezo o día 11 de decembro de 2000 ás 17.30 horas na aula nº 12 da Escola Galega de Administración Pública, s/n, en Santiago de Compostela.

Os aspirantes convocados para esta data son:

-Corbal González, Roberto.

-Frutos Martínez, Ana María de.

-Pérez Díaz, Olga María.

-Souto García, Raquel María.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xúizo do tribunal.

Diariamente serán convocados, no taboleiro de anuncios da EGAP, os aspirantes que deberán concorre-los días seguintes.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2000.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal